Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

girona- 6 e 7 de xuño

Galicia e Portugal protagonizan a primeira Semifinal no Torneo Masculino das Nacións 06/06/2008

A selección Galega, dirixida por Diego Ocampo, contará coa presenza novidosa de Lucho Fernández. O recente gañador da liga ACB co Tau incorpórase á expedición galega tras a baixa, por enfermidade, de Manu Cagiao.

A selección galega debuta as 18:00h desta tarde no I Torneo Masculino das Nacións, competición que se celebra en Girona entre o día de hoxe e a xornada de mañá.

A selección portuguesa, dirixida polo galego Moncho López, será a rival dos galegos neste primeiro encontro de Semifinais do Torneo. Ambos combinados, que xa preparan dende a tarde de onte este partido, buscarán un posto na gran final de mañá.

A Selección Galega, dada a coñecer o pasado martes en Santiago, presentará unha novidade con respecto ao anuciado nesa data. O equipo galego contará coa presenza de Lucho Fernández. O gañador do título de liga ACB co TAU, incorporouse á expedición logo da baixa, por enfermidade, de Manu Cagiao.

Segunda Semifinal
A segunda semifinal do Torneo, que terá lugar as 20:00 h desta tarde, enfrontará a anfitriona do evento, unha selección catalana liderada por Ricky Rubio, e a Euskadi.

Os xogadores cataláns tentarán iniciar cun bo resultado a festa do seu deporte. Unha Celebración que culminará na xornada de mañá, sábado día 7, co desenrolo do Día das Seleccións Cataláns por parte da Plataforma ProSeleccións Deportivas Cataláns.


© Federación Galega de Baloncesto 2007