Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

Torneo Masculino das Nacións

A Federación Galega de Baloncesto presenta aos xogadores da Selección Galega Senior Masculina 03/06/2008

O combinado galego, dirixido polo ourensá Diego Ocampo, participará xunto a Cataluña, País Vasco e Portugal, no I Trofeo Masculino das Nacións que terá lugar en Girona os días 6 e 7 de xuño.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, acompañado pola directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e os adestradores da Selección Galega Senior Masculina, Diego Ocampo (adestrador principal) e Rubén Domínguez (adestrador axudante) presentaron esta mañá aos xogadores que integrarán a selección galega absoluta no I Trofeo Senior Masculino das Nacións que se desputará os días 6 e 7 de xuño en Girona.

Os xogadores que nesta ocasión representarán a Galicia son: como bases Darío Suárez Jorge (Básquet Coruña), Víctor de la Fuente Rodríguez (Ferroplast Básquet Coruña) e Jesús Castro Romaní (Leb Prata); como pívots: Javier Román Maseda (Ciudad de La Laguna), José Antelo Paredes (C.B. L´Hospitalet), Antonio Pantín Peleteiro (Real Madrid) e Devin N. Wright Rodríguez (Motril - Grupo Alamios).

Como aleros intervirán: Rubén Fernández Vila (Gestibérica Vigo) e Manuel Gómez Cagiao; como escoltas: José Antonio Vázquez Vázquez (Calefacciones Farho Gijón) e Sergio Gómez Cagiao (Estudiantes de Lugo). Finalmente como Ala - pívot participará José Ramón Esmorís Esmorís (Ford Burgos).

Diego Ocampo, seleccionador galego encargado de configurar este equipo, asegurou que o combinado nacional traballará para transmitir "o maior esforzo e ilusión por xogar co balón e representar ao noso país". A selección galega, en palabras de Ocampo, é unha "combinación de xogadores novos e xogadores con experiencia". Así mesmo, salientou que "en galicia hai unha xeracion boa e hai que darlle oportunidades".

Finalmente, o adestrador ourensano, deu as gracias á Federación Galega de Baloncesto por "darlle esta oportunidade" .

O Baloncesto Galego no Panorama Internacional
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, interviu en primeiro lugar para felicitar á Federación Galega de Baloncesto polo seu "traballo entusiasta" en prol de situar ao baloncesto galego no panorama internacional. Así mesmo, salientou a importancia de que eventos como o I Torneo Masculino das Nacións permitan dar continuidade ao asinado na "Declaración de San Mamés".

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, expresou o seu desexo de que o combinado galego participe nas vindeiras edicións deste torneo, así como marca o convenio asinado coas Federacións Vasca e Catalana.


© Federación Galega de Baloncesto 2007