
FGB
Cataluña vence a Galicia na final do I TROFEO FEMININO DAS NACIÓNS 17/05/2008A selección Catalana impúxose sobre as galegas cun tanteo final de 51- 66.
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e a Directora Xeral para o Deporte, Marta Souto asistiron ao encontro.
A Conselleira aproveitou para felicitar, en persoa, ás xogadoras polo seu gran baloncesto. O terceiro posto do Trofeo, desputado entre Euskadi e Portugal, recaeu a favor do equipo vasco que venceu 45 - 66
A selección Catalana fíxose co triunfo na I Edición do Trofeo Feminino das Nacións. As xogadoras de Sílvia Font sentenciaron o Trofeo ante a Selección galega cun resultado final de 51- 66. A diferencia establecida polas xogadoras catalanas no primeiro cuarto, cun parcial de 10 - 21, foi sumamente importante para marcar unha vantaxe que as galegas, a pesares da igualdade que amosaron coas catalanas no segundo e terceiro cuarto, con parciais de 14 - 13 e 15-15, no puideron remontar.
No derradeiro cuarto de encontro, as catalanas desfixeron a igualdade para así establecer o marcador final de 51- 66. As máximas anotadoras catalanas, e tamén as xogadoras máis destacadas en todo o torneo foron Sandra Gallego (10 puntos) e Marta Fernández (15 puntos). Por parte das galegas destacou, neste encontro, o labor de Sara Gómez (8 puntos) e de Regina Gómez (9 puntos)
Terceiro e cuarto Posto
As seleccións de Euskadi e Portugal desputaron, como aperitivo á gran final entre catalanas e galegas, o encontro que determinou o terceiro e cuarto posto. Finalmente foron as xogadoras vascas as que, grazas a un gran papel de Amaia Mendiolagarai con 25 puntos (máxima anotadora do encontro), acadaron a victoria (45 - 66).
Na selección lusa destacou o xogo de Ana Fonseca e Sara Filipe, ambas con 10 tantos.
O I Trofeo feminino das Nacións das nacións botou así o seu peche agardando a ta o mes de xuño no que se celebrará, en Cataluña, a súa edición masculina.
© Federación Galega de Baloncesto 2007