
I Trofeo Feminino das Nacións
Galicia - Cataluña, final de luxo para o I Trofeo Feminino das Nacións 17/05/2008A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asistirá aos encontros desta tarde e achegarase a saúdar as xogadoras Galegas.
Esta mesma tarde, ás 19:30 horas os afeccionados ao bo baloncesto teñen unha cita no compostelano pavillón de Santa Isabel. Alí, as Seleccións Galega e Catalana enfrontarnse para dilucidar queequipo se proclama campión do I Trofeo Feminino das Nacións.
Terceiro e cuarto posto
O encontro entre catalanas e galegas virá precedido dun atractivo partido ente Euskadi e Portugal, que dilucidarán o terceiro e o cuarto posto da xornada. Esta cita terá lugar ás 17:30 horas.
Entrada
Como ocorreu na xornada de onte a entrada aos encontros será totalmente gratuíta previa recollida dunha invitación no propio pavillón de Santa Isabel.
© Federación Galega de Baloncesto 2007