
I TROFEO FEMININO DAS NACIÓNS
Galicia e Cataluña protagonizarán mañá a final do I Trofeo Feminino das Nacións 16/05/2008Ambas seleccións acadaron o seu posto nesta final coas súas victorias ante Portugal e Euskadi, respectivamente .O encontro que as enfrontará mañá terá lugar ás 19:30 horas da tarde, no pavillón de Santa Isabel
As seleccións Galega e Catalana protagonizarán mañá a Final do I Trofeo Feminino das Nacións, competición que se está a desputar en Santiago de Compostela e na que participan, ademáis destes dous conxuntos, a selección portuguesa e a vasca.
As seminifinais do I Trofeo Feminino das Nacións, celebradas esta tarde, outorgaron á selección catalana, coa súa victoria ante Portugal (50 - 75), un posto na gran final. As xogadoras de Silvia Font saltaron á pista cun cinco inicial de luxo formado por Laura Antoja (7 puntos), Marta Fernández (15) , Sandra Gallego (10) , Ingrid Pons (8 ) e Marina Ferragut. (10). Así, o primeiro cuarto do encontro, que rematou cun parcial de 10 - 17, comezou a deixar constancia do poderío como equipo das catalanas.
Tanto no segundo como no terceiro cuarto a situación de dominio catalán non mudou en ningún intre e incrementouse nos momentos nos que se aunaban a perfecta visión de xogo de Marta Fernández e o sentido de equipo de todas as súas compañeiras.
Carlos Portugal, adestrador luso, intentou ata o final romper coa dinámica de superioridade catalana. Así, a tan só 6 minutos de rematar o encontro solicitou un tempo morto que non serviu para que o seu conxunto remozase as ideas. As xogadoras portuguesas, na volta á pista, atopáronse coa gran forza e claridade de accións das catalanas, principalmente de Silvia Morales.
A constante fluidez en ataque e defensa da selección dirixida por Silvía Font permitiulles manter a súa vantaxe no marcador e incrementala a un resultado final de 50 - 75.
Galicia, a segunda finalista
O segundo encontro da tarde de hoxe no I Trofeo Feminino das Nacións foi o que enfrontou á Selección Galega coa Selección de Euskadi, e que rematou cun contundente 96- 62 a favor das galegas.O terceiro cuarto do partido, cun importante parcial de 22- 8 a prol das galegas definiu claramente a victoria das xogadoras de Miguel Méndez que en todo momento souberon aproveitar o pouco acerto e escasa fortuna das vascas ante a canastra. A máxima anotadora das galegas foi Arantxa Novo con 17 puntos. No lado vasco, 20 foron os puntos de Amaia Mendiolagarai, máxima anotadora vasca e a mellor do seu equipo.
Terceiro e cuarto posto
Euskadi e Portugal, tras a súas derrotas desta tarde terán mañá, ás 17:30 horas da tarde, a posibilidade de rematar este trofeo cunha victoria. Ambos conxuntos desputarán o terceiro e cuarto posto, un encontro que servirá de aperitivo á gran final entre Galicia e Cataluña (19:30h).
© Federación Galega de Baloncesto 2007