Galego Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Normativa

Dende aquí terás acceso a documentos de carácter legal e regulamentario, tanto os que corresponden ao ámbito da Federación Galega de Baloncesto como os que rexen na práctica xeral do baloncesto.

A normativa da FGB está composta dos seguintes textos:

· Os Estatutos da Federación, que establecen as normas xerais de réxime interno relativas á composición e o funcionamento do órgano.

· O Regulamento Xeral da Federación, que determina a normativa asociada aos distintos estamentos do baloncesto galego (clubs, adestradores, árbitros, xogadores, etc.), ás competicións, aos órganos administrativos e técnicos e mais ás cuestións de disciplina deportiva.

· As Bases de Competición, que fixan as normas xerais das competicións FGB e mais as normas específicas das distintas categorías (senior, junior, cadete, infantil e mini).

. O Manual de Identidade Coorporativa, que amosa o rol da FEGABA e visualiza os valores que esta promove.

Nesta sección da web tamén poderás atopar outros documentos relacionados co regulamento deportivo.

© Federación Galega de Baloncesto 2007