Plan Estratéxico 2008-2012
Para o comezo da temporada 2008/2009 agardamos ter rematado un planeamento estratexico de longo prazo que estableza unha coherencia directa entre a nosa identidade e as accións planeadas no marco dunha dirección especialmente deseñada para contribuir aos obxectivos identitarios da FGB.
No cadro á dereita figuran as pautas xerais do que será o Plan Estratéxico da FGB 2008-2012.
Estratexia de implicación
O deseño e implementación dunha estratexia de implicación é unha parte básica deste proxecto, xa que se pretende trasladar este procedemento ás demais esferas de participación para acadar un efecto multiplicador.
Esta estratexia de implicación terá dous obxectivos prioritarios, que serán o establecemento dun sistema de partenariado público-privado que ofreza estabilidade ao plan estratéxico da FGB e mais unha estratexia de comunicación que potencie a visibilización dos logros e as mensaxes a través do baloncesto.
Plan Estratéxico 2008-2012