
xogada - dúbida
Dúbida 29 - Violación 26/10/2009No caso de que un xogador teña o balón agarrado 5 segundos consecutivos, débese sancionar violación?
RESPOSTA
O regulamento defínenos cando un xogador está estreitamente marcado e dinos cando está defendido por un adversario e establece unha posición de defensa activa a unha distancia inferior a un metro. Pero deben cumprirse todas as condicións: xogador atacante co balón agarrado, defensor a menos dun metro e en posición activa de defensa.
Tamén lembramos que non é necesario que o atacante finalizase o dribling (matar o bote). Si se cumpren as condicións anteriores, o xogador atacante debe pasar, tirar a cesto ou botar antes de 5 segundos para que non sexa sancionado con violación.
© Federación Galega de Baloncesto 2007