
xogada - dúbida
Dúbida 28 26/10/2009O equipo A colle o rebote e inicia a transición cara a pista de ataque. Nese mesmo intre, lesiónase un xogador do equipo B, quedando tirado no chan en pista defensiva do equipo A, sen que exista ningún tipo de perigo para a súa integridade física. Unha vez en pista de ataque, o equipo A dáse conta da situación e o xogador con balón queda estático botando sen intención de atacar. Cal é o procedemento que se debe seguir?
RESPOSTA
No caso de lesión dun xogador o regulamento coméntanos que, cando se produce tal lesión, os árbitros non farán soar o seu chifre ata que o equipo con control de balón lance a canastra, perda o control do balón, abstéñase de xogar ou o balón quede morto. No entanto, os árbitros poden deter o xogo inmediatamente se é necesario protexer ao xogador lesionado.
Neste caso, como o xogador do equipo A que leva o balón non quere xogar, nese intre o árbitro debe deter o xogo. O xogo renovarase desde o punto máis próximo onde estaba o balón no momento que se detén o partido, e como se trata dun xogador do equipo contrario débese conceder unha nova conta de 24 segundos de posesión.
© Federación Galega de Baloncesto 2007