Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

xogada - dúbida

Dúbida 27: situacións de 24" 23/07/2009

Nas situacións de 24" teño dúbidas sobre a validez ou non do cesto. Por exemplo: A7 lanza a canastra, cando o balón está na o aire soa o sinal do operador de 24 segundos. O balón toca no taboleiro e cando cae cara ao cesto, é palmeado por B9 e logo tocado por A8, ata que finalmente chega a B8 quen obtén un claro control do mesmo.

Cando nun lanzamento a canastra o balón xa saíu das mans do lanzador e vai polo aire, se soa o sinal de 24" e a canastra entra será válida. Se un xogador toca o balón de forma ilegal na súa traxectoria cara ao cesto comete violación. Neste caso a violación cométea o xogador B9 que toca o balón despois de que este rebotase no taboleiro, xa que logo trátase dunha interposición defensiva e a canastra debe ser válida.


© Federación Galega de Baloncesto 2007