Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

xogada - dúbida

Dúbida 26: no caso dos saques de banda e cometerse unha falta, cando se sinala antideportiva? 23/07/2009

Exemplo: transcorre o minuto catro do segundo período. B8 ten o balón nas súas mans para realizar un saque de lateral na prolongación da liña de tiros libres da súa pista dianteira. B13 é sancionado antes de que se produza o saque por bloquear (body-check ilegal).

Desde que o balón está a disposición do xogador que vai realizar o saque ata que o completa saíndo este das súas mans, se o equipo DEFENSOR comete unha falta persoal, debe considerarse antideportiva, pero unicamente o equipo que defende. No caso do exemplo a falta é cometida por B13 (xogador atacante), neste caso, os árbitros sancionarán a falta persoal normal.


© Federación Galega de Baloncesto 2007