
árbitros
A FGB presente na Asemblea da Arbitraxe Española 05/07/2010Este sábado 3 de xullo celebráronse en Madrid as X Xornadas de Unificación de Criterio Arbitral coa presenza dos representantes da FGB e as restantes 18 Federacións Autonómicas.
A actividade comezou coa exposición do Director Deportivo da FEB, Ángel Palmi, quen fixo un balance do que deu de si a tempada 2009/10. Repasáronse os obxectivos establecidos na reunión do ano pasado, e sentaron as bases do traballo conxunto para a próxima tempada.
Nun ambiente cordial e participativo, os representantes das Federacións Autonómicas, entre as que se atopaban o Presidente do Comité Galego de Árbitros, Javier Uría, e o Director Técnico do mesmo, Carlos Cortés; expuxeron ideas e experiencias de cara a unir forzas en novos e futuros proxectos.
Posteriormente, tomou a palabra Pedro Rocío, Coordinador da área de Árbitros FEB, explicando as novidades que se produciron nos últimos meses, destacando a innovación tecnolóxica, os acordos con institucións e patrocinadores, e os avances na formación e captación arbitral.
Pola súa banda, Víctor Mas, instrutor nacional FIBA e membro da Comisión Técnica de FIBA EUROPA, describiu as cordiais relacións que ten a FEB coas Federacións Internacionais, e nomeou os principais fitos desde esta perspectiva.
Na sesión de tarde, o propio Víctor Mas expuxo aos representantes arbitrais das dezanove Federacións Autonómicas os cambios nas Regras Oficiais e Interpretacións, que serán de aplicación a partir da próxima tempada. Estas modificacións, que se adiantarán en próximos días, serán de aplicación para as competicións de ámbito autonómico.
(Foto: FEB)
© Federación Galega de Baloncesto 2007