
cgab
Traballo do Comité Galego de Árbitros dentro da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Zonais 17/06/2010O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto pecha a temporada 2009 - 2010 coa celebración dunha xornada de seguimento que se levará a cabo durante a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Zonais Infantís e Cadetes que se celebra en Santiago de Compostela.
Este traballo realizarase este sábado, 19 de xuño, a través dun grupo de formación composto polos 16 árbitros, pertencentes a distintas delegacións, convocados para dirixir os encontros desta competición.
Estes colexiados, unha vez superado o seu curso de iniciación á arbitraxe, teñen nesta cita a oportunidade de amosar as habilidades adquiridas, de coñecer a dinámica deste tipo de eventos e de traballar directamente con monitores do propio CGAB. Así, cada un dos árbitros convocados dirixirá un mínimo de 3 partidos, terá o apoio dun monitor en cada unha das pistas e mesmo realizará un exame de regras de xogo.
Os colexiados convocados, que estarán baixo a tutela do Director Técnico do Comité , Carlos Cortés, así como dos seus colaboradores (Jacobo Rial, Fran Guillamet e Alberto Castro) son os seguintes:
CORUÑA: Susana Ladra, Paula Lema, Alejandro Pérez e Miguel Álvarez.
SANTIAGO: Jaime Alvarez-Osorio.
FERROL: Antonio López y Álvaro Alonso.
OURENSE: Jorge Vega.
VIGO: Adrián Iglesias, Nicolás Bernardelli, Diego Ortega e Castor Conde.
AROUSA: Jesus Aguilar.
LUGO: Luis Real, Pablo Tarrio e Javier Varela.
© Federación Galega de Baloncesto 2007