Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

CGAB

Dobre presenza galega no XIII Clínic de Formación para Árbitros FEB 09/06/2010

O Comité Galego de Árbitros de Baloncesto contará con dobre representación no XIII Clínic de Formación Arbitral que a Federación Española celebrará entre o 5 e o 10 de xullo na localidade de Alcázar de San Juan, en Ciudad Real.

Así, os colexiados galegos Diego Domínguez e Cristian Martín asistirán a esta actividade. O primeiro farao convidado por parte da FEB e o segundo designado directamente polo Comité Galego de Árbitros de Baloncesto.

Os dous representantes galegos atoparanse cunha gratificante experiencia formativa dirixida por un grupo de profesores expertos en diversas materias de interese: técnica de arbitraxe, psicoloxía, preparación física e tecnoloxía, entre outras.


© Federación Galega de Baloncesto 2007