Galego Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

árbitros - formación

Novo curso de iniciación á Arbitraxe na Delegación de Lugo 08/02/2010

O Comité de Árbitros da Delegación en Lugo, encabezado polo seu director técnico, David Posada, pon en marcha un nova oportunidade de achegarse ao mundo da arbitraxe e iniciarse nesta área do baloncesto.

A partir do vindeiro 22 de febreiro e ao longo de todo o mes de marzo, estenderase un curso de formación dirixido a todos os interesados en adquirir formación  como colexiados.

As materias a tratar neste curso serán as relacionadas con aspectos como as regras de xogo, a mecánica, a psicoloxía ou a labor dos oficiais de mesa.  Así mesmo, todas elas serán remarcadas nun exame de repaso destinado a clarificación dos conceptos máis importantes.

A actividade celebrarase en diferentes datas concretas, as cales podes consultar no documento que se achega, sempre en horario de tarde e en diferentes sedes segundo carácter da materia a impartir.

Información en inscricións
Para aproveitar esta interesante proposta formativa, informarse ou, directamente,  tramitar a inscrición no mesmo podes dirixirte ao propio Comité Lucense de Árbitros, a través dos seguintes números de teléfono 648208993 ou 676019174.


© Federación Galega de Baloncesto 2007