Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Formación

EGA / COB OURENSE

Charlas técnicas 2007-2008 12/12/2007

En colaboración co Club Ourense Baloncesto, a Escola Galega de Adestradores desenvolve un programa de sesións formativas dirixidas a adestradores, monitores e persoas que queiran compartir e dirixir coñecementos de baloncesto.

O horario de ditado dos cursos será de 20:00 a 22:00 horas, sempre suxeito a posibles cambios que contribúan á maior participación dos asistentes. Para confirmar asistencia, é preciso chamar ao 988 238 875 (C.O.B. Ourense) ou ao 699707985 (Carlos Gómez). Velaquí o calendario e programa das charlas:

2007
· 18 de decembro: Metodoloxía do ensino - Infantís

2008

· 7 de xaneiro: Metodoloxía do ensino - Cadete-Junior
· 21 de xaneiro: Metodoloxía do ensino - Cadete-Junior
· 4 de febreiro: Metodoloxía do ensino - Cadete-Junior
· 18 de febreiro: Educación Física Infantil
· 4 de marzo: Educación Física Infantil
· 18 de marzo: Psicoloxía evolutiva (aspectos a ter en conta en cada idade)
· 14 de abril: Técnica individual
· 28 de abril: Técnica Colectiva
· 31 de abril: Prevención de lesións
· 12 de maio: Prácticas do ensino
· 26 de maio: Perfil Docente.


© Federación Galega de Baloncesto 2007