Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Formación

ESCOLA GALEGA DE ADESTRADORES

Curso de formación para adestradores - Nivel 1 26/01/2009

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores, convoca o curso de adestrador de Nivel 1, durante o mes de xullo de 2009, que se celebrará en Santiago de Compostela. Este cursos ten carácter federativo, aínda que se levarán a cabo os trámites pertinentes para obter a súa aprobación administrativa e optar ás convalidacións e homologacións das Titulacións Académicas como Ciclo Final de Grao Medio.

Lugar
Santiago de Compostela.

Datas e horarios
Fase presencial:
7 días seguidos completos, dentro da primeira quincena de xullo. Datas en función da dispoñibilidade de campos, aulas e aloxamentos. De 9.30h a 14.00h e de 16.00h a 20.00h.
Fase non presencial: comezará o 1 de abril, continuará coa fase presencial e posteriormente realizarase o bloque de prácticas durante a tempada 2009/10.

Preinscrición
Antes do 1 de marzo de 2009
en calquera Delegación Zonal.

Requisitos
Ter máis de 18 anos e estar en posesión do Título de Iniciación.

Cota
300
 euros. Abono por transferencia bancaria á conta 2091-0392-90-3040002932.

Observacións

Texto completo da convocatoria e folla de inscrición dispoñibles en documento adxunto.


© Federación Galega de Baloncesto 2007