Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

19, 20, 26 e 27 de xuño

Horarios e profesores para o Curso de Iniciación de Boiro 15/06/2010

A Escola Galega de Adestradores de Baloncesto da FGB comunica os horarios para o Curso de Iniciación que a Delegación de Santiago celebra esta fin de semana e a vindeira (19, 20, 26 e 27 de xuño) na localidade de Boiro (Colexio Santa Baia).

Deste xeito,  a continuación, no documento que se achega, podes consultar os horarios concretos das aulas deste novo curso, así como o nome dos profesores encargados de impartir cada materia (Planificación, Seguridade Deportiva, Técnica Individual, Dirección de Equipos, Regulamento, Táctica, Metodoloxía e Preparación Física).

Información e inscricións
Para obter calquera tipo de información relativa á inscrición ou participación  neste curso, os interesados poden todavía poñerse en contacto coa Delegación en Santiago (delegacionsantiago@fegaba.com) (981 597 920).


© Federación Galega de Baloncesto 2007