
Manuel Bouzas, presidente do C.B. Baloncesto Baiona
“Tanto os xogadores como os responsables dos equipos pidan ao remate de cada edición que os convidemos o vindeiro ano” 14/04/2009Celebrades xa unha cuarta edición, todo un logro. A consolidación do Torneo xa é un feito. Que obxectivo perseguides agora? Tentaremos manter o nivel alcanzado ata o de agora e seguir sendo un referente en Galicia e a nivel estatal. Polo que nos comentan os equipos participantes, a fin de semana posterior a semana santa, e unha data sinalada nas súas programacións anuais e iso è unha satisfacción para nos.
Porqué un torneo de categoría Minibasket?
Porque un dos obxectivos principais dentro da filosofía do noso club, e do patrocinador è a formación de xogadores e o traballo de base, ademais de non existir negan outro evento destas características na nosa comunidade.
As mellores escolas de Baloncesto alevín en Galicia, do panorama nacional e portugués danse cita en Baiona para participar. Que atopan alí para querer repetir cada edición?
Ademais do nivel da competición, a convivencia, o trato persoal dos voluntarios e da organización e o entorno son algunhas das cousas que fan que tanto xogadores como os responsables dos equipos pidan ao remate de cada edición que os convidemos o vindeiro ano.
Incrementouse o número de participantes con respecto a outros anos, que aspectos enriquecerá un maior número de equipos en xogo?Teremos a posibilidade de ver a máis e mellores xogadores, e sobre todo que poidan participar o maior numero de cativos e de equipos da nosa provincia e comunidade.
Un torneo destas características implica un grande esforzo de organización. Canto tempo dedicastes a esta nova edición?Comezamos a preparar cada edición alá polo mes de outubro, con seis meses de antelación, pois como ben dis, son moitas cousas as que conleva, non só no aspecto deportivo e da competición, senón que hai que ter en conta as actividades lúdicas e culturais paralelas ao torneo: o aloxamento, o transporte, as manutencións, etc.
Con respecto ao esforzo e traballo que antes comentábamos, en qué concretamente, experiencias como estas axudan a mellorar unha estrutura organizativa como a do C.B. Baiona?
Contamos con poucos medios pois somos un club modesto nunha vila pequena, pero que conta con 14 equipos federados en todas as categorías tanto masculinas como femininas e preto de 200 rapaces na liga escolar, durante toda a temporada organizamos varios eventos( liga escolar, conferencias e charlas para adestradores, torneos 3x3, campus de verán ,etc) sendo o Torneo Internacional de Minibasket o de maior volume, pero que co esforzo dos adestradores, colaboradores e voluntarios e a dedicación e empeño do director de deportes de Baiona, supoñen moito traballo pero tamén unha grande satisfacción grazas as felicitacións e o sorriso dos participantes.
A implicación das institucións e voluntarios sempre é fundamental para levar a cabo este tipo de iniciativas. Queres agradecer a alguén especialmente o apoio?
Como dicía sen o apoio dos xogadores das categorías inferiores, pais e adestradores do Club Baloncesto Baiona ( voluntarios), non sería posible. Do mesmo xeito que sen o respaldo incondicional de CAIXANOVA, das institucións(Concello de Baiona, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia) e demais patrocinadores (Gadis, Anfaco, Federación Galega de Baloncesto, etc) o torneo sería unha utopía e non a realidade na que se está a converter. Penso que o Concello de Baiona tomou boa nota da magnitude do evento tras edicións anteriores e ten presente esta data apoiándonos cada vez mais. Moitas grazas a todos.
Finalmente, e á marxe do estritamente deportivo. Algunha anécdota que paga a pega lembrar das anteriores tres edicións?
Son moitas, en primeiro lugar lembro que os xogadores/as do Estudiantes de Madrid nada máis chegar a Baiona só pensaban en ir a praia, e alí estiveron ata que se fixo de noite, bañándose e xogando.
No concurso de tiro que celebramos tres días antes do torneo para os pais, avós, prensa, autoridades e rapaces, unha das finais enfrontou a dúas xogadoras alevíns do C.B. Baiona contra Tamara Abalde e Alba Torrens, e vendo en perigo a vitoria, as profesionais tiraron de veteraníaa e tentaron poñer nerviosas as pequenas, murmurándolle na orella ou facendo acenos para que errasen, logrando impoñerse por unha soa canastra.
Pero para min o mellor son as horas de convivencia e os cánticos das distintas escuadras despois do xantar e das ceas, que se prolongan durante varias horas e que se converten case nunha competición paralela na que a imaxinación e os sentimentos póñense de manifesto. E no que, sen dubida, o Oporto è un dos principais animadores.
Foro de Familia do Torneo na súa última edición
Unha simpática anécdota: Tamara Abalde e a xogadora alevín Marta Canella desputando o Torneo Previo
© Federación Galega de Baloncesto 2007