
documentación
A FGB achega os traballos expostos na "I Xornada sobre novas tendencias na formación en baloncesto" 23/01/2009A Federación Galega de Baloncesto, na súa intención de incrementar e mellorar o nivel das categorías inferiores, pon a disposición de todos os clubs a consulta das ponencias realizadas na "I Xornada sobre novas tendencias na formación en baloncesto". A base do Baloncesto, o termómetro que marca a saúde deste deporte, atopa nos traballos expostos nesa I Xornada unha boa reflexión e tratamento sobre esta área.
Relatores e Contido
A I Xornada sobre novas tendencias en Baloncesto achegou a Santiago, no pasado mes de marzo, a catro grandes expertos no campo da formación neste deporte.
Concepción Jiménez Sánchez, doutora en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, explica cales son os obxectivos básicos das Escolas deportivas da Fundación Real Madrid. Concepción remarca a importancia de promover a práctica do deporte entre os nenos e adolescentes cun sentido prioritariamente formativo e lúdico.
Nesta mesma liña intervén Gema Ortega Vila, directora técnica das Escolas de Baloncesto da Fundación Real Madrid. Ortega analiza aspectos que, dentro da boa dinámica de funcionamento das escolas do Real Madrid, sitúanse como puntos de claro beneficio. Así, resalta a importancia do "estreito seguimento do proceso de ensinanza e aprendizaxe" que se realiza nestas escolas.
Pola súa banda, Alberto Lorenzo Calvo, adica a súa ponencia a amosar, entre outras cuestións, a posibilidade dos adestradores de baloncesto de promover unha "continua reciclaxe na súa formación" , labor que irá de xeito paralelo ao incremento das súas experiencias deportivas.
Finalmente, David Cárdenas Vélez, profesor titular da Universidade de Granada, ilustra na súa ponencia coas achegas pedagóxicas, psicolóxicas e motrices da competición como o ámbito máis importante da formación deportiva.
© Federación Galega de Baloncesto 2007