Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

competicións

O 30 de xullo, data límite para a inscrición de equipos de ámbito autonómico sénior 23/07/2010

A Federación Galega de Baloncesto lembra que o vindeiro venres, 30 de xullo, ás 13.00 h, finaliza o prazo de inscrición de equipos para as categorías de Ámbito Autonómico Sénior: 1º División Masculina, Liga FGB Sénior Masculina e Liga FGB Sénior Feminina.

Os modelos de impresos para a tramitación desta inscrición poden atoparse no apartado DOCUMENTACIÓN desta mesma web. Así mesmo, a información precisa para realizar de xeito correcto o proceso ven explicada na Circular 01 da temporada 2010 - 2011.


© Federación Galega de Baloncesto 2007