
FEB
Novos galegos e galegas convocados pola FEB para as súas seleccións de formación 22/07/2010A Federación Española de Baloncesto fai públicas no día de hoxe as convocatorias das súas Seleccións feminina e masculinas U14 e U13. Estas chegan coa boa nova da presenza de xogadores e xogadoras galegas nas súas filas, un xeito de recoñecer o bo traballo dos mesmos e dos seus clubs respecto ao Baloncesto de Formación durante toda a temporada 2009 - 2010.
Na categoría U14, no apartado masculino, a representación galega virá por partida dobre. De entre os 16 xogadores convocados para traballar cono esta selección, que se concentrará o 13 de agosto en Madrid e participará no Torneo BAM en Eslovenia (19 - 23 de agosto), están citados Brais Gago (Cidade de Lugo) e Carlos Martínez (Básquet Coruña).Ambos os dous terán a oportunidade de compartir cos seus compañeiros convivencia e aprendizaxe.
Na mesma situación, e co mesmo plannig de viaxe a Eslovenia para participar no BAM, atópase a xogadora do Celta de Vigo, Eva Novoa, convocada coa Selección Española U14.
Pola súa banda, na categoría U13 feminina e repetindo un ano máis experiencia de traballo coas categorías de formación estarán Monica Vila (delegada esta temporada pasada da selección galega cadete feminina) e Miriam Herrera (Fisioterapeuta e nova fichaxe do Pío XII como xogadora para esta nova temporada en LF2).
Finalmente, no combinado U13 masculino, e representando ao Xiria Basquet , está convocado Jonathan Barreiro. O xogador da provincia da Coruña traballará a partir do 13 de agosto no Complejo Deportivo Alameda de Osuna (Madrid) cun bloque de 13 compañeiros e un completo equipo técnico.
(Foto:FEB)
© Federación Galega de Baloncesto 2007