Español Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

competicións

Calendario da Primeira División Feminina 2010 -2011 19/07/2010

A Federación Asturiana de Baloncesto, encargada nesta temporada da organización da Primeira División Feminina de Baloncesto no seu Grupo A, fai público no día de hoxe o calendario provisional desta competición para a nova temporada 2010 - 2011.

Esta categoría que contará para a temporada 2010 - 2011 coa participación de 13 equipos en total, rexistra a presenza de 3 clubs galegos: Cluny, Sondeos del Norte Maristas e C.B. Airexa Nigrán. O cuarto equipo galego que consta a día de hoxe no calendario que hoxe se presenta, o Codigalco Carmelitas, está pendente da súa completa confirmación oficial, tras a solicitude de praza que realizou no seu día, como equipo de Liga Feminina 2.

Os restantes equipos participantes, pertencentes ás Federación Asturiana, Cántabra e de Castela León, son os seguintes:

Ventanas Arsan
Universidad de Oviedo
Ascensores Tresa
Universidad de León
C.D. Valladolid - Zaratan Las Contiendas
Filipenses
Universidad de Salamanca
Iturmo Expobasket
Juventud Blas- Gon
San Isidro Covipro.


© Federación Galega de Baloncesto 2007