Galego Contacto Mapa web

Federación Galega de Baloncesto

Noticias

minibasket

Fin de semana de traballo para as preseleccións galegas de minibasket 08/03/2010

Nestas derradeiras concentracións da fin de semana os seleccionadores terán a oportunidade de perfilar os equipos concretos que viaxarán a Cádiz para desputar o Campionato de España da categoría.

A Federación Galega de Baloncesto quere agradecer ao Concello de Burela e ao de Xinzo de Limia, sedes destas concentracións, a colaboración prestada para facilitar a estancia das nosa selección nestas vilas.

As preseleccións Galegas de Minibasket afrontan esta fin de semana a súa derradeira concentración antes de establecer a lista definitiva de xogadoras e xogadores que estarán no Campionato de España o vindeiro día 27 de marzo.

A preselección feminina desprazarase ata o Concello de Burela para completar alí unha fin de semana de intenso traballo no que compatibilizarán adestramentos e a desputa dun encontro. Estes terá lugar no Pavillón dos Institutos e contempla o seguinte rival e horario:

Sábado, 13 de marzo, ás 17.00 h fronte a un equipo combinado de xogadoras infantís chegadas de Burela e Foz. 

Pola súa banda,  os xogadores e corpo técnico da preselección masculina trasladaranse ata Xinzo de Limia para levar a cabo o seu traballo técnico. Permanecerán na vila ourensá toda a fin de semana e, ao igual que as súas compañeiras, terán a oportunidade de medir as súas forzas nun encontro.

No Pavillón Municipal de Xinzo de Limia, o seu horarios de xogo e equipo rival son os seguintes:
Domingo, 14 de marzo, ás 16.00 h fronte á Selección Infantil Masculina Zonal.

Integrantes dos equipos
As Listas completas de xogadores e xogadoras que participarán esta fin de semana coas preselección galegas poden consultarse nos documentos que se achegan. Así mesmo, Unha vez rematada esta concentración, coñeceranse as Seleccións Galegas definitivas as cales viaxarán ao Campionato de España a finais de marzo, previa participación os días 20 e 21 de marzo nun Torneo de preparación en Miranda de Ebro.


© Federación Galega de Baloncesto 2007